Carta aberta ao conselleiro de Educación.

Non ao cambio de libros de texto

Carta aberta ao conselleiro de Educación.  Non ao cambio de libros de texto para o vindeiro curso escolar

O curso 2014-2015 remata dentro dunhas poucas semanas, e antes de que remate hai que lle dar ás familias a información sobre os libros de texto para o vindeiro ano escolar, un ano no que se ha completar a implantación da LOMCE nos cursos de Primaria, e no que comezará a se implantar nos cursos impares de Secundaria.

O pasado ano, por estas datas, as familias fixemos unha ampla campaña para que os libros de texto non se cambiaran para aqueles cursos nos que a LOMCE comezaba a súa andaina, porque considerabamos que o custo para as familias non se xustificaba coa implantación apresurada e desorganizada dunha Lei que a comunidade rexeitaba e que tiña moitas posibilidades de ter unha vixencia moi breve. Así foi, e mesmo temos que lembrar as palabras do entón conselleiro de educación que xustificaba a permanencia dos libros anteriores dicindo que “hai marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas”; palabras que entendemos que continúan a ser da mesma actualidade que entón. Sigue lendo

Mobilizacións contra a reválida de terceiro de Primaria

Subimos dous dos vídeos que condensan a oposición da Confederación ANPAS GALEGAS contra a Reválida de 3º de Primaria que tivo lugar o 27 e 28 de maio.
En primeiro lugar aparece un resumo da intervención do presidente de Anpas Galegas, Javier Sánchez e de seguido a mobilización de FOANPAs en Vigo.

Concentración en Vigo de rexeitamento da reválida en 3º imposta pola LOMCE que condena ás crianzas a unha ‎discriminación impropia dun estado democrático.

Rexeitamos a Reválida de 3º de Primaria

Hand completing a multiple choice exam.

Preme aquí para rexeitar a reválida de terceiro

A Confederación ANPAS GALEGAS oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe.

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria. Sigue lendo