outra imposición de recortes: substitución de profesionais do ensino por bolseiros

na aula

O Ministerio de Educación anunciou hai uns días a contratación de 2000 persoas recentemente graduadas para realizar actividades de apoio ao ensino en centros de primaria con especiais dificultades. Optarán a estas bolsas aqueles estudantes cun alto expediente académico e con B2 en lingua estranxeira. Os seleccionados recibirán un curso previo de formación. O Ministerio investirá nesta iniciativa 22 millóns de euros (http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2015/02/20150216-egresados.html).

Dende a Confederación de Anpas Galegas, ante esta “iniciativa” dos máximos responsables do sistema educativo no Estado, queremos poñer de manifesto que: Sigue lendo

En resposta á pedagoxía opresora de Gomendio – acceso á universidade

contra a LOMCE

A Declaración mundial sobre a educación superior no século XXI, que nace da Conferencia Mundial sobre o mesmo tema que se celebrou en 1998, e na que se supón que estiveron presentes os nosos representantes, establece no seu artigo 1 que os participantes “reafirmamos a necesidade de preservar, reforzar e fomentar aínda máis as misións e valores fundamentais da educación superior, en particular a misión de contribuír ao desenvolvemento sostible e á mellora do conxunto da sociedade formando diplomados altamente cualificados e cidadáns responsables, que sexan quen de atender ás necesidades de todos os aspectos da actividade humana…”.

E no seu artigo terceiro.a) di que “no acceso á educación superior non se poderá admitir ningunha discriminación fundada na raza, sexo, idioma, a relixión ou en consideracións económicas, culturais ou sociais, nin en incapacidades físicas”.

Aquí, a secretaria de Estado de Educación, FP e Universidades, Montserrat Gomendio ven de afirmar que o sistema universitario español non é sostible economicamente, porque accede moita xente á universidade e somos un país de impostos baixos; e o problema é quen paga a educación, cando e cómo. Sigue lendo

O Plan PROA en Galicia.

Plan PROA

A educación debe incluír factores correctores da desigualdade para garantir o acceso de todas e todos a un nivel equiparable ao dos demais. E isto está consagrado nas leis propias, mesmo nas leis elaboradas por estes gobernos actuais, nos tratados internacionais, nas conferencias específicas…

Pero en Galicia non semella sernos aplicable.

En Galicia a Consellería de Educación está a levar unha política de feitos que na práctica resulta ser unha desaparición das posibilidades de integración do alumnado en situación de desigualdade; dito doutra maneira, a Xunta prefire que se perda o futuro dun neno antes de gastar na súa educación; retrocedemos séculos cunha decisión así. Sigue lendo

Fomos á manifestación de Queremos Galego o 8 de Febreiro

Idioma meu, homilde, nidio, popular,

labriego, suburbial e mariñeiro

que fas avergoñar

ó burgués, ó señorito i o tendeiro:

levas sangue de povo e raigañas escuras

que anuncian un día novo

sin mágoas nin tristuras.

Pois sen mágoas nin tristuras como dixo Manuel María, senón con orgullo e afouteza, con seguridade e ledicia estivemos o 8 de febreiro polas rúas de Compostela, con milleiros de galegas e galegos coma nós, que aseguraban o seu dereito, e a súa decisión, de manter a nosa lingua viva para nós e para as fillas dos nosos fillos, para o futuro, para os que veñan detrás de nós, cal é a nosa obriga histórica e  o noso compromiso persoal. Sigue lendo

Reunión xunta directiva Anpas Galegas, 06 de febreiro de 2015

Reunión Anpas Galegas

Na reunión do venres, 6 de febreiro, en Compostela celebramos a nosa reunión bimestral ordinaria na que falamos dos seguinte temas:

  1. Campaña de accesibilidade: fixemos unha posta en común dos elementos básicos sobre os que temos que traballar, e ficamos de acordo en nos centrar nas carencias de acceso aos centros escolares, ben sexa a medio do transporte escolar, posibilitando a chegada dos vehículos particulares, ou nos impedimentos para acceder a pé.

Sobre estes elementos, e sobre todos os que despois inflúen no acceso ás aulas e instalacións comúns, onde tamén cobra unha especial relevancia a existencia de medios audiovisuais e outros específicos, traballaremos a partires de agora na elaboración de protocolos de detección que permitan chegar a facer unha diagnose eficaz de centro escolar, co fin de chegar á corrección das eivas, ou mesmo á súa denuncia. Sigue lendo

A Confederación de Anpas Galegas reclama Queremos Galego na manifestación en Compostela

Anpas Galegas

A Confederación de Anpas Galegas, a maior confederación de ANPAs de Galiza, reclamou o dereito a poder vivir en galego con normalidade. Acompañamos a milleiros de galegas e galegos de toda Galiza que acudiron hoxe a Santiago de Compostela para reivindicar, na manifestación organizada pola plataforma Queremos Galego, o dereito a poder usar a lingua propia do noso País.

Fotos e vídeos de Anpas Galegas na manifestación. Aquí a nova na TVG