Xornada informativa en Ponteareas sobre alumnado con NEAE de orixe neurolóxico

IMAG0922

 A FANPO, a través da Comisión NEAE, organizou o pasado 9 de decembro unha charla dirixida ás familias con alumnado de Necesidades Específicas de Apoio Educativo de orixen neurolóxico, na Sala de Conferencias do Auditorio “Reveriano Soutullo” de Ponteareas, á que tamén estaban convidadas as direccións dos Centros Escolares, Equipos de Orientación e o persoal sanitario pediátrico dos Centros de Saúde da Comarca.

O ponente deste acto foi o Dr. Óscar Blanco Barca, Especialista en Neuroloxía Pediátrica do Hospital Xeral de Vigo, investigador e profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela que nos informou sobre os casos máis comúns que son atendidos na Unidade Pediátrica da que forma parte. Unha vez feita a exposición abriuse unha quenda de intervencións para consultar dúbidas, solicitar información puntual e compartir experiencias persoais.

A xornada, á que asistiron máis de 150 persoas, foi vivida intensamente pol@s asistentes, dado a necesidade de información que ten a maioría das familias. Por parte doutros profesionais da saúde, valorouse positivamente a xornada, coa  promesa de incorporar un test neurolóxico ao protocolo de revisións periódicas dos máis cativos na consulta de pediatría da localidade. Dende a Federación consideramos este avance como un paso importante no senso de conseguir que as familias accedan o máis axiña posible á consulta do especialista cando se aprecian sospeitas de problemas neurolóxicos.

Deixar unha resposta