Anpas Galegas na xornada sobre o Ensino Público nas Pontes

Nas Pontes 2 - copia

A LOMCE, o Ensino Público e as familias” é o título da xornada que, organizada pola Confederación de Anpas Galegas e a coordinadora de ANPAs Abrente das Pontes, tivo lugar esta  fin de semana na Casa Dopeso das Pontes. Estivo dividida en catro partes:

-Presentación (a cargo de Xavier Santamarinha, da coordinadora de ANPAs  Abrente das Pontes).

– A LOMCE a debate (María Rei, da federación de ANPAs da Costa da Morte).

– As ANPAs na defensa do Ensino Público Galego (Javier sánchez, presidente da Confederación de Anpas Galegas).

– Debate coas persoas asistentes.

Nesta xornada informativa e de debate falouse da LOMCE,  unha contrarreforma educativa que vai en contra dos intereses do alumnado e da sociedade en xeral.

Nas diversas intervencións (tanto de conferenciantes como de asistentes ao acto) falouse da realidade educativa na que nos movemos, que amosa a necesidade dunha lei de educación de consenso entre todas as partes, fundamentada na defensa dun ensino público galego, democrático e laico, na eliminación dos concertos educativos (nomeadamente os que segregan alumando por razón de xénero) e na consecución dun ensino totalmente gratuíto e equitativo, que atenda á diversidade e remate cos recortes aplicados ao ensino.

Deixar unha resposta