Ai, eu non vos fun! As culpábeis son as familias…

 

PIB da língua

O Sr. Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia ven de dicir recentemente que o problema da perda de galego falantes é que non se utiliza o galego nos ámbitos de xogo ou familiares; cousa que, segundo el, vese moi agravada pola caída da natalidade nas zonas rurais, que son as que falan máis galego. Na cidade, seica todos o sabiamos, fálase castelán por suposto; e supoñemos que nos despachos dos responsables políticos completarán o plurilingüismo que tan pracenteiro lle é a este goberno e falarán inglés.

Pero, tampouco hai que cargar contra este empregado do goberno, ao fin de contas o seu xefe, o presidente da Xunta de Galicia, xa fixera unhas declaracións nese mesmo senso un día antes, e na mesma liña: “a lingua pérdese porque as familias non a coidamos, e isto agrávase porque no rural hai cada vez menos xente…”

De todos os xeitos, quen así arrincaba este escrito, preocupado de quen falará na nosa lingua cando marchemos? recomendaba un artigo  de Xavier P. Docampo que comeza así:

 Sr. Presidente, pois si, a cousa é culpa das familias que non lles falan galego aos rapaces polos que tanto se preocupa o seu goberno para que aprendan galego nos colexios e nos institutos. E fixo moi ben dicilo continuar

 

Deixar unha resposta