Día Internacional dos Dereitos Humanos. O dereito á educación

ne@sONU

Cada 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos para lembrar  que o respecto aos dereitos básicos e inalienables de todas e cada unha das persoas. Considérase o ideal común ao que aspiran todas as nacións e pobos do mundo.

O Día foi proclamado pola Asemblea Xeral en 1950, e a data elixida coincide co aniversario da aprobación en 1948 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, un documento  histórico que contempla 30 artigos onde se detallan dereitos fundamentais civís, culturais, económicos, políticos e sociais.

No ámbito que nos movemos, como Confederación de Anpas Galegas, imos reproducir o que recolle o artigo 26. Un contido que o goberno debería ter presente:

  1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para tod@s, en función dos méritos respectivos.
  2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos, e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz.
  3. Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos.

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta