Feliz 2015, sr. conselleiro

Feliz 2015

Rematamos un ano, o 2014, que foi para a Confederación de ANPAS GALEGAS o noso primeiro ano completo de andaina; e quizais sería ben facer unha listaxe de logros e preocupacións, debullar o ano case rematado botando unha ollada a tanto traballo feito, a tanto esforzo dedicado ao ensino público, a tanto cariño directa e indirectamente entregado aos máis novos para que medren nun mundo mellor, construído tamén por eles mesmos.

Mais pensamos que este ano que remata non merece tanta lembranza, nin é apetecíbel facer  con el ningún balance; este ano perdemos profesores e finanzamento; quedamos con menos especialistas para incluír á diversidade nas vidas de tod@s; comezamos un curso novo cunha lei nova que ninguén coñecía e para a que ninguén estaba preparado; pelexamos para non cambiar os libros de texto, para non nos ter que afogar mercando material inútil e innecesario; perdemos presenza na comunidade escolar, nós e todos, en beneficio dunha figura creada para ser un valido da administración antes que un director para a comunidade educativa; tivemos que ver cómo se discriminaba a colectivos completos na entrega de axudas para a adquisición de libros de texto; e como se repetía esa discriminación no que este goberno deu en chamar “educación dixital”, consolidando a súa propia tendencia: a de fabricar colexios de primeira, de segunda, e “de última”, coma se os nenos fosen diferentes ou culpábeis por nacer ou vivir nun lugar ou noutro.

E niso pasamos o ano, en tentar conter a abafadora deriva de abandono e desmantelamento na que nos meteron os actuais administradores da educación; e algo conseguimos, mais non abonda, e imos continuar reclamando, pelexando e denunciando.

Porque temos un goberno que non cre na educación pública; que equipara a xestión pública coa comercial utilizando criterios de custe e beneficio; que pensa que o gasto educativo non é prioritario, sendo que o é por dereito e por intelixencia investidora; que carece dun proxecto educativo organizado e dunha programación planificadora de futuro. Sigue lendo

As familias si nos pronunciamos!

queremos galego

Onte, 26 de decembro, o xornal La Voz de Galicia publicou un artigo sobre a importancia da política lingüística, no que fai un repaso sobre as conclusións que se tiran do estudo recentemente publicado polo Instituto Galego de Estatística ao respecto do uso de galego na vida cotián e nomeadamente entre a xuventude.

Nese artigo faise unha afirmación: “Feijoo deféndese responsabilizando ás familias de que agora os cativos non queiran falar galego, namentras que as familias non se pronunciaron polo de agora…”, e dende a Confederación de Anpas Galegas, como representantes dunha parte moi importante das familias galegas, pensamos que temos a obriga de responder a esa afirmación, e repetir as veces que sexa necesario cal é a nosa postura sobre a lingua, sobre o seu uso no ensino, e tamén sobre o seu uso entre a xuventude.

Dende esta confederación mantivemos sempre, dun xeito inequívoco, a necesidade de que o ensino público sexa un ensino galego, non só na lingua que se empregue, senón mesmo nos seus contidos e no seu enfoque, xa que entendemos que a aprendizaxe vai de dentro a fóra, do propio ao alleo, do coñecido ao descoñecido, do inmediato ao arredado. Sigue lendo

Ai, eu non vos fun! As culpábeis son as familias…

 

PIB da língua

O Sr. Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia ven de dicir recentemente que o problema da perda de galego falantes é que non se utiliza o galego nos ámbitos de xogo ou familiares; cousa que, segundo el, vese moi agravada pola caída da natalidade nas zonas rurais, que son as que falan máis galego. Na cidade, seica todos o sabiamos, fálase castelán por suposto; e supoñemos que nos despachos dos responsables políticos completarán o plurilingüismo que tan pracenteiro lle é a este goberno e falarán inglés. Sigue lendo

Anpas Galegas na xornada sobre o Ensino Público nas Pontes

Nas Pontes 2 - copia

A LOMCE, o Ensino Público e as familias” é o título da xornada que, organizada pola Confederación de Anpas Galegas e a coordinadora de ANPAs Abrente das Pontes, tivo lugar esta  fin de semana na Casa Dopeso das Pontes. Estivo dividida en catro partes: Sigue lendo

Quen falará na nosa lingua cando marchemos?

ODN

O Instituto Galego de Estatística ven de nos dar unha arrepiante noticia: só un de cada catro menores de 15 anos fala galego, e a nosa lingua vai esmorecendo arrodeada de porcentaxes que certifican a súa morte a medio prazo.

De certo que a partires deses datos han aparecer serios estudos que expliquen os porqués desta tendencia, e non é a miña intención tentar suplilos dende a subxectividade, pero non penso tampouco que esta noticia deba ficar no silencio de quen a escoitamos, senón que como galego falante – ou debera dicir como galego amante? –  síntome  na obriga de expresar a miña indignación, a miña rabia, a miña incomprensión a isto que nos está a ocorrer, a isto que estamos a facerlle aos nosos fillos e fillas, ás nosas netas e netos, a todos os que van estar cando nós xa non esteamos. Sigue lendo

Sobre a reunión do 5 de decembro

 

Reunión Anpas Galegas

A Confederación ANPAS GALEGAS mantivo o 5 de decembro, unha xuntanza que pode encadrarse dentro da normalidade cotián, foi a xuntanza bimensual que cumpría manter e que tiña por obxectivo a posta en común da evolución das nosas actividades, e actualización das problemáticas de cada unha das zonas implicadas, e a lamentable confirmación das dificultades crecentes polas que atravesa o Ensino Público Galego. Sigue lendo