Os resultados da reunión de Anpas Galegas en Vigo

Anpas Galegas en Vigo

A directiva da Confederación ANPAS GALEGAS reuniuse en Vigo este 25 de outubro dun xeito distinto ao que acostumamos xuntarnos, variamos a sede, a duración e os contidos. Tratamos, e conseguimos, facer unha reunión que durara toda a xornada, e na que se falara de todos os temas que están actualmente nas preocupacións das federacións participantes, e das súas anpas asociadas.

Logo da exposición das diversas experiencias das oito Federacións que compoñemos ANPAS GALEGAS, concluímos que existe un modelo arrastrado doutros tempos que identifica ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos como organizacións adicadas á prestación de servizos educativos complementarios, e que ese modelo está afianzado na colectividade de tal xeito que as familias descargan ás administracións públicas das súas obrigas en prexuízo de si propios, porque ao final as ANPAs non somos cousa diferente das familias.

Este modelo trae unhas consecuencias non procuradas, nin queridas, que son: Sigue lendo

Falamos de accesibilidade na reunión con COGAMI

F - copia

O pasado 13 de outubro, parte da directiva da Confederación de ANPAS GALEGAS reuniuse con Manuel de Lario, responsable da área de accesibilidade de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con discapacidade.

O motivo desta reunión foi dar os primeiros pasos para o desenvolvemento dun proxecto conxunto, un traballo sobre a accesibilidade nos centros educativos galegos, coa pretensión de visualizar as carencias, ou as dotacións se as houber, que os nosos colexios e institutos teñen neste eido, e que están impedindo a normal e desexada incorporación daquelas persoas que, definitiva ou conxunturalmente, teñen calquera tipo de discapacidade. Sigue lendo

O presidente de ANPAS GALEGAS esixe que a Xunta asuma os servicios educativos complementares

A Confederación de Anpas Galegas comeza con ilusión un novo curso con novos proxectos

Reunión Confederación de ANPAs Galegas

O 3 de outubro pasado reunímonos en Compostela todas as federacións que formamos ANPAS GALEGAS para falar deste curso que encetamos hai tres semanas. Cando rematamos a reunión confirmamos que quedaba moito por facer, e que temos as gañas, a ilusión e a forza para facelo.

Denantes de ningunha outra cousa, comezamos valorando positivamente a actividade do curso anterior, a nosa campaña pola gratuidade dos libros de texto e material escolar foi moi ben acollida polas ANPAs asociadas, pero tamén por todas as forzas políticas progresistas do noso País. E ese acollemento fainos pensar que o futuro apoiará a nosa opción, porque é a máis lóxica dende o punto de vista educativo e a máis rendible dende o económico. Sigue lendo

Onde está o goberno galego cando se decide sobre educación?

Imaxe ac

Anda estes días a saír na prensa unha noticia desacougante: a publicación dun acordo bilateral entre o Goberno español e o Goberno vasco polo que se “pacta” a interpretación de varios preceptos da LOMCE, esa lei que ten a dubidosa honra de ser a lei educativa máis contestada da democracia.

O acordo acadado atinxe a diferentes aspectos da nova lei, pero fundamentalmente estamos a falar do dereito a regular integramente o ensino da propia lingua, sen que o Estado teña dereito a interferir nesa regulación toda vez que recoñece explicitamente que é competencia da administración educativa vasca; e tamén falamos do recoñecemento por parte do Goberno español do dereito que ten cada administración educativa a regular como se xestionan os Consellos Escolares, que xa non teñen porque ser consultivos segundo semellaba dispor a LOMCE, senón que terán a capacidade decisoria que lles outorgue cada unha das administracións titulares das competencias en educación.

E o desacougante desta noticia é a pregunta que nos facemos os galegos: E logo nós?

Sigue lendo