Inútiles tarefas

Inútiles tarefas

As nosas fillas e fillos acoden ás súas clases na escola pública cinco horas cada día lectivo, alí atopan excelentes profesionais que saben dosificar o esforzo e a aprendizaxe, adaptando o traballo ás capacidades de cada quen para que caiban nese tempo do que dispoñen. Cando marchan para casa comeza para eles un tempo no que teñen que aprender outras cousas igualmente necesarias: a xogar e convivir con outras nenas e nenos e cos adultos, a crear hábitos saudables de hixiene e organización, a se alimentar axeitadamente e a descansar todo o que precisan. Sigue lendo

Comezamos de novo. Curso 2014 – 2015

DSC_0580

Hoxe comeza un novo curso escolar, as nosas nenas e nenos volverán ir ao colexio con esa ilusión e entusiasmo que nos fai sorrir a todos, e con todo ese futuro que teñen por diante. Ese futuro que fai que as súas nais e pais os miremos con esa mestura de orgullo e temor coa que sempre enfrontamos o futuro das nosas familias.

Nós, a nosa confederación, tamén comeza este curso, o seu primeiro curso completo porque no anterior incorporámonos tarde, polo menos formalmente, e queremos comezalo coa mesma ilusión, coas mesmas gañas e co mesmo interese que o farán os nosas fillas e fillos.

O curso pasado aprendemos moitas cousas. Ben é certo que tampouco viñamos sen saber nada, e pelexamos en moitas prazas, permitídenos facer un pequeno resumo do que foi o curso: Sigue lendo