Por unha necesaria planificación e implantación da Educación Dixital no Ensino Público Galego

Educación Dixitalinterrogación

 

O pasado 30 de abril publicouse a “Resolución de Educación Dixital” , unha decisión da autoridade educativa pola que se abre unha convocatoria para participar nun proxecto experimental de tal nome.

Coma sempre, pensamos que as Anpas temos algo que dicir na educación, e que tería sido boa cousa que nos pediran a nosa opinión sobre este proxecto; como non fixeron tal , teremos que dala a coñecer por outros medios, e a prensa é un deles.

Pensamos que:

•É un proxecto que rebela improvisación: pretenden organizar a educación dixital dos nosos fillos cunha convocatoria do 30 de abril do ano anterior que dá só un mes ao profesorado para elaborar un proxecto docente que implique a todo o curso seguinte-

•É novamente, como todo Abalar, un proxecto que non contempla a imprescindible formación previa de todo o profesorado, sen esa formación os proxectos convírtense en voluntaristas, e iso fainos ser inoperativos a nivel global.

•Ofrécensenos 3 anos de aplicación. Un proxecto educativo non pode nacer con data de caducidade, iso é dilapidar fondos públicos.

•Discrimina aos centros e ao alumnado ao ser voluntaria a súa aplicación. A administración educativa, a conselleria, ten que deseñar proxectos que se apliquen necesariamente en todos os centros de ensino públicos, cunha planificación temporal, tecnolóxica,  laboral e económica clara e crible. O que non é para todos é discriminatorio e clasista.

•Fálasenos de que a incorporación das TIC á educación é unha realidade en Galicia: iso é falso; a implantación das TIC en Galicia é desigual e descordinada, precisamente porque non existe esa planificación responsable da que falabamos antes. Por outra parte a consellería identifica a tecnoloxía co cambio metodolóxico e non é asi, as TIC son unha ferramenta imprescindible, pero o importante é o cambio de métodos de ensino e aprendizaxe.

 

En resumo, A Confederación de Anpas Galegas, ten que rexeitar esta Resolución que non supón un avance real nas necesidades do ensino público galego, e solicitar novamente que a consellería de educación do noso goberno planifique e organice o futuro da nosa educación pública dun xeito global, e que o alcance desa organización chegue a todo o noso País e a todas as nosas nenas e nenos uniforme e equitativamente.

Deixar unha resposta