Un intenso II encontro de Anpas Galegas na Costa da Morte

DSC_0077 - copia

Dividimos o II encontro de Anpas Galegas en dous apartados, un para a formación (en horario de mañá) e outro (en horario de tarde) para confraternización, unha xusta mestura de  razón e sentimento positivo  para compartir entre todas e todos. Sigue lendo

II encontro de ANPAs Galegas


Haberá xornada de mañá e de tarde repartidas do seguinte xeito:
Programa II encontro ANPAS GALEGAS

O proxecto da Consellaría sobre Educación Dixital é un modelo de improvisación e investimento en propaganda.

ordenador

O día 30 de abril publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

Obviamente a publicación desta orde e a súa extra-publicitación nos medios busca o noso aplauso, o das Anpas, ante a aposta pola modernización das aulas dos centros públicos.

Lemos con interese a convocatoria e que atopamos?

  1. Improvisación.

Non se pode cualificar doutra maneira un proxecto que se lanza con estas datas. Un mes, do 30 de abril ao 30 de maio para elaborar un proxecto docente de todo un curso que implique non só ás titoras e titores do curso senón tamén ao profesorado especialista (Música e Inglés). Ademais para un curso, 5º de Primaria, do que a día de hoxe se descoñece o curriculum (o programa detallado das materias) porque é un dos que cambia coa implantación da LOMCE. Sigue lendo

Por unha necesaria planificación e implantación da Educación Dixital no Ensino Público Galego

Educación Dixitalinterrogación

 

O pasado 30 de abril publicouse a “Resolución de Educación Dixital” , unha decisión da autoridade educativa pola que se abre unha convocatoria para participar nun proxecto experimental de tal nome.

Coma sempre, pensamos que as Anpas temos algo que dicir na educación, e que tería sido boa cousa que nos pediran a nosa opinión sobre este proxecto; como non fixeron tal , teremos que dala a coñecer por outros medios, e a prensa é un deles.

Pensamos que: Sigue lendo