Xa estamos recibindo das ANPAs os certificados para solicitarlle á Xunta a volta ao sistema de préstamo de libros de texto e material escolar

Anpa Baluarte

Xa están chegando á Confederación de Anpas Galegas os escritos das ANPAs e dos Consellos Escolares relativos á petición á Xunta de volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.

Nestes documentos, rexéitase  o actual sistema, chamado de “gratuidade solidaria”,  como fórmula axeitada para a xestión das axudas para a adquisición de libros de texto.

Tamén se esixe da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para que o alumnado galego de centros públicos de ensino dispoñan dos libros de texto necesarios para desenvolver a etapa de ensino obrigatorio; na liña do manifestado pola Defensora do Pobo no seu “estudo de outubro de 2013 sobre a gratuidade dos libros de texto” no que recomenda “aplicar preferentemente sistemas de préstamo e reutilización dos libros de texto, pola súa maior eficiencia e menor custe

No escrito indícaselle á consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que poña a disposición dos centros de ensino os medios materiais e humanos abondos para a organización das campañas de préstamo. Ademais da organización de programas de traballo tendentes á utilización ou elaboración de materiais didácticos que posibiliten un sistema docente que non precise de libros de texto como material imprescindíbel.

 

Deixar unha resposta