Sobre o sistema de libros de préstamo universal e as declaracións do conselleiro de Educación

Foto reunión marzo de Anpas Galegas - copiaA Confederación de Anpas Galegas, respondendo ás declaracións do conselleiro de educación no Parlamento de Galicia o pasado 25 de marzo, aínda a vista da inconcreción das mesmas, queremos dicir:

• Que valoramos positivamente que a consellería de educación, como sempre defendemos, non vaia obrigar a “cambiar os libros de texto pola LOMCE”, así como que entenda a innecesariedade de adaptar ningún material aos novos currículos xa que “hai marxe para que as novas metodoloxías poidan ser adaptadas nas aulas”. E entendemos que este argumento non debe cinguirse a este próximo curso académico, senón que é válido para todo o calendario de implantación da nova Lei.

• Que rexeitamos as referencias feitas polo conselleiro a “axudar na adquisición de libros de texto a quen máis o necesita”; porque entendemos que é obriga da Administración educativa facilitar un “ensino básico obrigatorio e gratuíto” tal e como di o art. 27.4 da nosa Constitución; o que implica que todos os nenos teñen dereito, non son pois suxeitos de “axudas”, de recibir o material gratuitamente.

• Que tamén rexeitamos as referenzas feitas na mesma comparecencia sobre “a creación dun banco de libros para aqueles que o necesitan”, dunha banda porque volve a incidir no concepto de diferenzación entre os “necesitados” e os que non o sexan, nunha catalogación que consideramos incorrecta e á que lle voltamos a opoñer a necesidade dun ensino gratuíto para todos; e por outra parte porque entendemos que a creación de bancos de libros non son máis ca un parche incorrecto no tratamento da gratuidade do ensino, tal e como defende o informe de outubro de 2013 da Defensora do Pobo cando di “a implantación dos bancos de libros non pode supor unha deixazón dos deberes públicos respecto do obxectivo de gratuidade das ensinanzas obrigatorias en relación cos libros de texto e material curricular”

• En consecuencia nós defendemos que o sistema útil e aproveitable é o de préstamo universal, sistema no que se xunta a gratuidade do ensino, o aforro institucional, e a transmisión de valores formativos de reutilización e solidariedade.

Ligazóns ao comunicado na prensa:

http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/anpas-defenden-prestamo-universal-libros-texto/20140403085133025970.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/04/03/confederacion-anpas-galegas-critica-modelo-banco-libros-anunciado-conselleiro-educacion/00031396524760324426844.htm

Deixar unha resposta