A Confederación de Anpas Galegas participou nas II Xornadas de Inclusión Educativa de Foanpas

Xornadas NEAE de FOANPAs Vigo

Asistimos ás xornadas de Inclusión Educativa que organiza cada ano FOANPAs  de Vigo (a federación de ANPAs de Vigo e comarca, integrada na nosa Confederación de Anpas Galegas).

Conversamos, despois das diversas exposicións,  coas compañeiras e compañeiros das ANPAs e colectivos participantes, sobre as ponencias de inclusión educativa, da atención á diversidade, ese conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais do alumnado.

Tamén falamos das comisións NEAE, que fan unha labor ben importante, pois coordina, colabora e sensibiliza ás ANPAs e familias sobre esta cuestión no entorno educativo ademais de implicar a toda a comunidade educativa (nais e pais, profesionais do ensino, alumnado) .

Desde  Anpas Galegas sabemos que tanto as ANPAs como as respectivas federacións teñen traballo xenérico dabondo nas ANPAs para realizar este traballo tan complexo (e necesario) pero a experiencia das federacións que integran a Confederación de Anpas Galegas e que xa teñen bastante experiencia neste campo, corrobora o positivo que resulta para o alumnado, tanto para o que ten necesidades de atención específica como o que non, a creación desta comisión.

Contido das xornadas de Inclusión Educativa de FOANPAs:

DÍPTICO INTERIOR FOANPAS

 

Deixar unha resposta