Anpas Galegas mantivo unha reunión de traballo co presidente da FEGAMP

Reunión Anpas Galegas e  FEGAMP

Hoxe, 9 de abril, a Confederación de Anpas Galegas, representada nesta ocasión polo vicepresidente e a secretaria, mantivo unha reunión de traballo co presidente da FEGAMP, José Manuel Rey Varela, ao obxecto de clarexar a situación plantexada coa entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local.

A preocupación desta confederación, e o motivo polo que se solicitou a entrevista, é a situación na que quedan os investimentos en educación feitos polos concellos logo da irrupción desta lei no panorama local.

De nos guiar pola literalidade da nova norma, os concellos perderían todas as competencias en materia educativa, agás do mantemento dos centros de infantil e primaria; aínda que caberían convenios coa administración autonómica, malia que moi dificultados pola necesidade de viren finanzados de xeito absoluto. Sigue lendo

Sobre o sistema de libros de préstamo universal e as declaracións do conselleiro de Educación

Foto reunión marzo de Anpas Galegas - copiaA Confederación de Anpas Galegas, respondendo ás declaracións do conselleiro de educación no Parlamento de Galicia o pasado 25 de marzo, aínda a vista da inconcreción das mesmas, queremos dicir:

• Que valoramos positivamente que a consellería de educación, como sempre defendemos, non vaia obrigar a “cambiar os libros de texto pola LOMCE”, así como que entenda a innecesariedade de adaptar ningún material aos novos currículos xa que “hai marxe para que as novas metodoloxías poidan ser adaptadas nas aulas”. E entendemos que este argumento non debe cinguirse a este próximo curso académico, senón que é válido para todo o calendario de implantación da nova Lei.

• Que rexeitamos as referencias feitas polo conselleiro a “axudar na adquisición de libros de texto a quen máis o necesita”; porque entendemos que é obriga da Administración educativa facilitar un “ensino básico obrigatorio e gratuíto” tal e como di o art. 27.4 da nosa Constitución; o que implica que todos os nenos teñen dereito, non son pois suxeitos de “axudas”, de recibir o material gratuitamente. Sigue lendo

A Confederación de Anpas Galegas participou nas II Xornadas de Inclusión Educativa de Foanpas

Xornadas NEAE de FOANPAs Vigo

Asistimos ás xornadas de Inclusión Educativa que organiza cada ano FOANPAs  de Vigo (a federación de ANPAs de Vigo e comarca, integrada na nosa Confederación de Anpas Galegas).

Conversamos, despois das diversas exposicións,  coas compañeiras e compañeiros das ANPAs e colectivos participantes, sobre as ponencias de inclusión educativa, da atención á diversidade, ese conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais do alumnado. Sigue lendo

Xa estamos recibindo das ANPAs os certificados para solicitarlle á Xunta a volta ao sistema de préstamo de libros de texto e material escolar

Anpa Baluarte

Xa están chegando á Confederación de Anpas Galegas os escritos das ANPAs e dos Consellos Escolares relativos á petición á Xunta de volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.

Nestes documentos, rexéitase  o actual sistema, chamado de “gratuidade solidaria”,  como fórmula axeitada para a xestión das axudas para a adquisición de libros de texto.

Tamén se esixe da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para que o alumnado galego de centros públicos de ensino dispoñan dos libros de texto necesarios para desenvolver a etapa de ensino obrigatorio; na liña do manifestado pola Defensora do Pobo no seu “estudo de outubro de 2013 sobre a gratuidade dos libros de texto” no que recomenda “aplicar preferentemente sistemas de préstamo e reutilización dos libros de texto, pola súa maior eficiencia e menor custeSigue lendo