Continuamos coa intensa campaña pola gratuidade dos libros de texto e material escolar.

Reunión da confederación de Anpas Galegas sobre campaña Libros de Texto e NEE - copia

Continuamos na Confederación de Anpas Galegas coa intensa campaña para relanzar, ao longo de todo o País,  a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade. Sigue lendo

Reunión da Confederación de Anpas Galegas para o vindeiro día 28 de marzo.

Presentación Anpas galegas 5 - copia

Convocada reunión da Confederación de Anpas Galegas para o vindeiro 28 de marzo (venres)  ás 18.00 horas en Santiago de Compostela.

Entre os asuntos da Orde do Día destacan a preparación das vindeiras reunións con membros da comunidade educativa, as xornadas de NEAE, a xestión de sistemas de comunicación, a avaliación de proceso da campaña sobre un sistema universal de libros de préstamo e material escolar, …

Ensino Público Galego versus Ensino Privado

?????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, Xesús Vázquez Abad, presidiu este pasado venres,  14 de marzo, a entrega dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/2013 e de Formación Profesional correspondentes ao curso 2011/2012; así como os galardóns da fase galega do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2013.

O titular do departamento  da consellaría de educación salientou estes premios como un froito do esforzo do  alumnado, das familias e do profesorado.

Ao premio de bacharelato preséntase o alumnado de centros públicos e privados de toda Galiza. Para poder participar nestas probas deben obter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (media de sobresaliente).

O resultado destes Premios Extraordinarios  amosa uns datos ben interesantes:

nos 15 primeiros postos hai 12 alumn@s de centros públicos e só hai 3 de centros privados. Se atendemos aos parámetros “Wert” e avaliamos a calidade polos resultados obtidos, os centros públicos alcanzan os primeiros postos e os privados saen moi mal parados. Sigue lendo

O idioma galego é unha lingua estranxeira?

anuncio na web da consellería

Non é que o actual goberno da Xunta estea facendo campaña para que se exclúe a lingua galega no ensino a través do decreto de plurilingüismo é que, atendendo a como publicou a nova na web, trátaa literalmente como lingua estranxeira.

Infórmannos que se lle preguntou á Xunta e, curiosamente, non lle contestaron ás persoas que se interesou polo tema. A nova, tal como estaba, desapareceu polas dez da mañá.

A Confederación de Anpas Galegas, parafraseando os versos de Rosalía de Castro en Cantares Gallegos – obra coa que a nosa gran escritora nacional ergueu unha bandeira na defensa do noso idioma e que aínda está en vigor- reitera que nas cuestións do idioma, tamén no ensino, non quere ser estranxeira na súa Patria.

 

A Confederación de Anpas Galegas rexeita a antidemocrática normativa de elección de directores

F. Lacaci

Na entrevista realizada en Radio Obradoiro, o vicepresidente de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, afirma que  esta normativa amosa a diminución radical de competencias dos consellos escolares. Coa nova lei educativa eliminouse a participación activa das nais e pais, do profesorado e do alumnado,  ao deixar os consellos escolares como órganos consultivos, sen ningún poder de decisión, que recae en exclusiva na dirección do centro. Unha dirección que vai ser elixida “a dedo” pola administración.

Sobre a elección de director@s de centros de ensino

??????????????????????????????????????????

Dende o momento no que apareceu o primeiro anteproxecto do que hoxe xa é a LOMCE, as asociacións de nais e pais de alumnos dixemos sempre que esta Lei pretendía botar ás familias fóra dos centros educativos. Agora, coa lei xa aprobada, imos ir comprobando, paseniñamente, como aqueles primeiros ditos estanse convertindo en realidades. Sigue lendo