Anpas Galegas na entrega dos Premios Rosalía e Werto.

DSC_0181 - copiaParticipamos nun dinámico e emotivo acto en defensa do Ensino Público Galego, na celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte que  tivo lugar no Pazo de Cultura de Carballo.

Neste acto, o noso presidente, Javier Sánchez, entregou o premio Rosalía en defensa do Ensino Público.

Posteriormente, estivemos debatendo con moitas compañeiras, compañeiros e diversos colectivos sobre o Ensino Público Galego. Todas as intervencións coincidían no dereito a que toda a mocidade reciba un ensino público de calidade, posicionándose en contra dos recortes e en contra desa lei (LOMCE) que pon a educación ao servizo das clases dominantes, mantén ben formada unha elite economicamente poderosa e á maioría social cun baixo nivel de formación e na pobreza.

Unha reflexión sobre “Anpas Galegas na entrega dos Premios Rosalía e Werto.

  1. Grazas, Irmandiños de Nós, labreg@s do mar, mariñeir@s do agro, deste mar a fóra con terra dentro. Sempre convosco na defensa do Ensino Público Galego (enxertado nos valores naturais do rural). Foi unha gran honra recibir da vosa man o premio que leva o bendito nome da excelsa Rosalía. Que acto tan pleno de dignidade ao sentirnos tan ben acollid@s por vós. Terra adentro, ao pé dos tesos cumes imos ficando cada vez máis sós e illados, e agradecemos tervos tan preto compartindo a nobre causa común da loita por unha Educación Pública de calidade para tod@s @s nos@s nen@s.
    Grazas por todo e saúdos de irmandade para as ANPAs da Costa da Morte.

Deixar unha resposta