Iniciamos a campaña para relanzar a gratuidade dos libros de texto e material escolar

lgrupos1lgrupos2

A Confederación de Anpas Galegas vén de acordar na reunión da súa Xunta Directiva celebrada en Compostela o pasado 7 de febreiro, o inicio dunha campaña para relanzar a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade. Sigue lendo

Anpas Galegas na entrega dos Premios Rosalía e Werto.

DSC_0181 - copiaParticipamos nun dinámico e emotivo acto en defensa do Ensino Público Galego, na celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte que  tivo lugar no Pazo de Cultura de Carballo.

Neste acto, o noso presidente, Javier Sánchez, entregou o premio Rosalía en defensa do Ensino Público.

Posteriormente, estivemos debatendo con moitas compañeiras, compañeiros e diversos colectivos sobre o Ensino Público Galego. Todas as intervencións coincidían no dereito a que toda a mocidade reciba un ensino público de calidade, posicionándose en contra dos recortes e en contra desa lei (LOMCE) que pon a educación ao servizo das clases dominantes, mantén ben formada unha elite economicamente poderosa e á maioría social cun baixo nivel de formación e na pobreza.

75% do alumnado galego secundou unha nova folga contra a LOMCE

folga estudantes 22 de febreiro 2014 - copia

Arredor dun 75% do alumnado de Bacharelato de todo o país secundou a folga estudantil de hoxe convocada contra a LOMCE.

Sinalan  os sindicatos galegos de estudantes que esta mobilización, xunto ao seguimento da folga nun 75%, amosa o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.

En número de  estudantes, podemos sinalar que 7.500 deles participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca de todo o País.

Esta folga, convocada polos colectivos galegos de estudantes, amosa o alto grao de rexeitamento que ten a LOMCE en toda a comunidade educativa, e a conciencia de que o Ensino ten que ser Público, Galego, de Calidade, Laico, Inclusivo, Descentralizado, Conciliador, Profesional, Útil, Normativizado, Adaptado e Gratuíto.

Clica na ligazón para comprobar os datos das diversas localidades.

Rematamos a rolda de presentación diante das forzas políticas representadas no Parlamento Galego

Hoxe falamos co voceiro de educación do grupo parlamentar do PSOE, Vicente Docasar.

Como vén sendo habitual nestas reunións, presentámonos e contamos quen somos, que realmente levamos xa moitos anos traballando a prol do Ensino Público e que agora só tomamos outra forma xurídica, e explicamos cales son os nosos sinais de identidade.VD

Fixemos fincapé nos tres puntos básicos da nosa “ideoloxía” : somos galegos, públicos e laicos e iso implica que non queremos ensino privado concertado, que queremos a relixión fóra do Ensino, e que pensamos que debemos ter unha educación galega, en galego porque é a maneira de nos entender como persoas.

Sigue lendo

Anpas Galegas na UDC: autonomía pedagóxica, calidade e xestión democrática

A Confederación de Anpas Galegas na UDCParticipamos na mesa redonda na UDC sobre a autonomía pedagóxica: calidade e xestión democrática (das xornadas da NEG)

Integrantes:

–      Emilio González Legaspi, exdirector do IES do San Cibrao

–      Juan José Félez, exdirector do CEIP Anxo da Guarda da Coruña

–      Xosé Antón de la Fuente Subiela, Confederación de Anpas Galegas

–      Moderador: Xosé Lastra Muruais, vicepresidente de NEG.

Intervención:

As ANPAs Galegas levamos realizando un traballo intenso, debido aos constantes ataques ao Ensino Público Galego que, ultimamente, estamos a sufrir.

A lista de agravios é longa: Sigue lendo

Continuamos a rolda de visitas de presentación ás forzas políticas e sociais do noso País

Reunión co PP

Hoxe reunímonos con Román Rodríguez, voceiro de Educación do Partido Popular no Parlamento de Galiza; case xa rematando coa rolda de visitas de presentación ás forzas políticas e sociais do noso País.

Como xa ven sendo cotián, logo de tantas conversas, contámoslle que somos novos pero non novatos, que tras de nós hai unha moi longa experiencia no mundo das ANPAs e que as federacións que hoxe fomamos esta confederación temos unha historia de traballo conxunto que acumula xa varios anos. Sigue lendo