A nosa confederación continúa presentándose. O día 28 estivemos con CCOO e o STG e o 30 estivemos coas seccións do ensino da UGT e CIG.

STEGCIG Ensino Galiza

Fete UGT EnseñanzaCCOO

O día 28 estivemos con CCOO e o STG e o 30 coas seccións do
ensino da UGT e CIG. Como foron as conversas cos diversos sindicatos de ensino? Sigue lendo

Anpas Galegas no espazo informativo O Preguntoiro

O vicepresidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, foi entrevistado no programa Preguntoiro do Correo Televisión, programa dirixido e presentado por Inés Dopazo.

Nesta entrevista falouse, entre outros temas, da LOMCE, dos comedores escolares, do sistema de préstamo universal de libros,…

Explica Lacaci que a Confederación de Anpas Galegas traballa no eido educativo dun xeito global, atendendo á realidade galega, e que quere estar presente en todos aqueles foros e  órganos para loitar na Defensa do Ensino Público.

Anpas Galegas defende o ensino público, mais non calquera concepción del; para a nosa confederación o ensino público non pode estar suxeito a calquera interpretación, nin pode deixar de definirse en consonancia coa contorna socio-económica; polo tanto e como puntualiza na entrevista o voceiro de Anpas Galegas,  defendemos un Ensino Público Galego de Calidade, Gratuíto, Descentralizado, Laico, Inclusivo,…

Primeiras entrevistas de Anpas Galegas cos diferentes grupos parlamentares

Os representantes da Confederación de Anpas Galegas reuniranse con todos os grupos parlamentares do Parlamento Galego.
Hoxe iniciamos a rolda de contactos cos representantes parlamentares de AGE e máis do BNG, que continuaremos o vindeiro 3 de febreiro  cos representantes do PP e máis co PSOE.
Reunión de Anpas Galegas co BNG
Avanzamos así na presentación desta nova Confederación, integrada até o de agora polas Federacións de Bueu, Cangas, Compostela, Costa da Morte, Ferrolterra, Lugo, Ponteareas, Val Miñor e Vigo, que logo de se reunir cos responsables da Consellería de Educación, queren presentar a súa visión do Ensino Público aos representantes de todos os galegos e galegas. Sigue lendo

Libros de texto e material escolar: esiximos a volta ao sistema de préstamo universal.

libros de texto

A Confederación de Anpas Galegas mantén como un dos seus sinais de identidade, claramente expresado no seu manifesto fundador, que todo o Ensino Público e os seus servizos complementarios deben ser sufragados integramente con fondos públicos, estamos a falar, obviamente, de libros de texto, mais tamén falamos de calquera material necesario para a educación obrigatoria.

Non contabamos no momento de se facer o noso manifesto, coa mimética opinión da Defensora del Pueblo, Dª Soledad Becerril, que no seu informe de outubro de 2013 di: Sigue lendo