Entrevista radiofónica a Javier Sanchez, presidente de Anpas Galegas

Entrevista ao presidente da confederación de Anpas Galegas, Javier Sánchez en Radiofusión.

Nesta entrevista, o presidente afirma que a confederación é o resultado de varios anos de traballo en común de nove  federacións de ANPAs, de experiencias compartidas que amosaron a necesidade de andar este novo camiño.

Anpas Galegas xorde de xeito natural para formar unha voz común que defenda o ensino público, unha voz sustentada nunha ampla base social e na vontade de exercer de “instrumento de transmisión a nivel galego, desde abaixo cara arriba, nunca impoñendo cales son as pautas de actuación en cada lugar” .

Deixar unha resposta