Aprobada a LOMCE. As mobilizacións da comunidade educativa continuarán até paralizala

foto

Coa aprobación da LOMCE no Senado o goberno persistiu na súa intención de querer aprobar unha lei rexeitada non só polo ámbito educativo, senón tamén polo conxunto da sociedade como así o confirman as múltiples, multitudinarias e diversas mobilizacións e folgas levadas a cabo. Malia esta teima, o goberno sabe que esta é unha lei que está condenada  ao fracaso.

A LOMCE afonda nas diferenzas sociais e  impide o acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade.  Ademais, vai dirixida a uniformar os contidos, eliminando a diversidade histórica, cultural e lingüística, reforza a confesionalidade, impide o ensino laico e blinda os concertos. En resumo, é unha lei profundamente antidemocrátia e antipedagóxica, que xerarquiza o ensino e  que só pode explicarse desde posicións  reaccionarias.

Pero a nosa sociedade continuará batallando até conseguir a súa retirada e  exixirá da Consellaría de Educación que non a aplique por ser unha lei ademais de elitista, recentralizadora, privatizadora e confesional que supón o maior ataque contra o Ensino Público e o dereito á educación.

Enmendas da LOMCE aprobadas polo Senado

Unha reflexión sobre “Aprobada a LOMCE. As mobilizacións da comunidade educativa continuarán até paralizala

Deixar unha resposta