Anpas Galegas reúnese cos responsábeis da consellaría de Educación

De visita institucional á consellaría de Educación da Xunta de Galiza

A directiva da nova confederación de Anpas Galegas reuniuse hoxe cos responsables da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representados neste caso polo propio Conselleiro, o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e mailo Secretario Xeral Técnico.

A reunión foi como a nosa “presentación oficial” diante das autoridades educativas, comunicamos quen somos, cales son os nosos principios programáticos, qué tipo de xestión educativa defenderemos, e cales serán as nosas principais liñas de traballo.  Entregámoslles o noso documento de principios e debatemos brevemente sobre algún aspecto concreto. Mágoa que o tempo dispoñible, e o propio obxectivo da entrevista, non dera para debates en profundidade.

Preparando a reunión

Por suposto, fixemos especial fincapé na nosa intención de ser un interlocutor permanente cando se fale de educación en Galicia, e reclamamos que se nos dea a presenza que nos pertence pola nosa representatividade en todos os órganos oficiais que corresponda; porque ese é un dos obxectivos máis inmediatos que queremos conseguir.

E pouco máis, ábrese agora un longuísimo periplo de traballo, e moitas máis reunións no futuro, con esta administración e con todas as demais, reunións máis específicas, máis ao detalle, e que iremos preparando entre todos para continuar camiñando o noso propio camiño: mellorar a educación galega en Galicia, e traballar para que esta mellora chegue a todas as nenas e nenos cos que compartimos este noso tempo.

Unha reflexión sobre “Anpas Galegas reúnese cos responsábeis da consellaría de Educación

Deixar unha resposta