A presentación da Confederación de Anpas Galegas

Na presentación da Confederación de Anpas Galegas puxemos en coñecemento da sociedade que a Confederación é o resultado de varios anos de traballo en común e de experiencias compartidas das diversas federacións que a integramos.
Anpas Galegas xorde tras a procura dunha igualdade de criterio naqueles aspectos de maior transcendencia, de xeito que puidésemos formar unha voz común que defenda o ensino público, unha voz sustentada nunha ampla base social.

Polo tanto, esta presentación marcou a fin dunha etapa de traballo que propiciou a nosa existencia e o comezo doutra como realidade diferenciada de cada unha de nós.
A Confederación crease para traballar no eido educativo dun xeito global, atendendo á realidade galega, e pretendemos incidir nela no espazo da educación, estando presentes en todos aqueles foros de opinión e en todos os órganos administrativos nos que se traballe nese espazo.
Como queremos actuar e cales son as nosas bases ideolóxicas?

Deixar unha resposta