COMEZA O CURSO 2016-2017

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

Xa comezamos este novo curso no que tamén hai eleccións, e como hai eleccións todos os nosos representantes descubriron novamente que existe a educación; é o momento no que se promete e se compromete todo tipo de solucións aos mesmos problemas que non resolveron na lexislatura que remata, e que xa estaban na anterior. As eleccións, para os opinadores políticos sobre educación, son sempre como unha repetición de curso, pero sen sensación nin de fracaso nin de responsabilidade, simplemente seica existe o dereito a comezar de novo… pero só para eles. Seguir lendo

FOANPAs reclama unha zonificación xusta

zonificacion-xusta

Poñemos á vosa disposición documentación relacionada coa rolda de prensa de FOANPAS e os comunicados da primeira manifestación convocada sobre a zonificación en Vigo. Engádese:

–          Texto da rolda de prensa, na que se solicita o estudo da adscrición na cidade de Vigo e a dimisión ou cese do Xefe Territorial D. César A. Pérez Ares.

–          Mapa que amosa a situación actual da adscrición na nosa cidade

–          Comunicado conxunto asinado polas ANPAs dos centros públicos, de primaria e secundaria de Vigo.

comunicado-rolda_prensa-foanpas

comunicado-zonificacion-foanpas

mapa-zonificacion-en-a3

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/09/13/foanpas-denuncia-zonificacion-obsoleta-e/1532164.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/09/13/padres-alumnos-salen-calle-vigo-reclamar-plazas-institutos/0003_201609V13C2994.htm

@FoanpasVigo pide un estudio sobre la adscrición de plazas para evitar que los niños de Navia tengan que ir al instituto a 10 km

 

A grandeza das pequenas cousas

camiño Inclusivo

Estivemos, representados por compañeiros da Costa da Morte, en Compostela o sábado 2 de xullo, especificamente no barrio de San Pedro, coa asociación veciñal do mesmo nome que organiza un montón de eventos aos que non se debe faltar.
Convidáronnos a asistir a unhas interesantísimas ponencias, nas propias Festas do Barrio de San Pedro, na que se expoñían proxectos feitos aquí que, sen renunciar aos seus valores e compromiso, tiveran un impacto global. Seguir lendo

Debate sobre o calendario escolar no programa Hora 25 da Cadena Ser coa presencia de Anpas Compostela e da Confederación ANPAS GALEGAS.

fernando semana educación

Ligazón ao programa Hora 25 sobre calendario escolares
Debemos facer unha reflexión sobre os calendarios escolares, aínda que só sexa dende o punto de vista do alumnado, das súas necesidades de organización e descanso, das súas necesidades de organización e descanso.
Que temos? Seguir lendo

Educar con sentido común

educar con sentido común

Cando decidimos ser nais ou pais non se esixe facer un cursiño e obter a calificación de apto ou non apto. Educar un/ha fill@ conleva moita responsabilidade, dedicación e cariño. Dende FOANPAS comunican que son coñecedores da preocupación das familias do ENSINO PÚBLICO por educar do mellor xeito posible @s nos@s cativos, e tamén do valor do tempo como ben escaso, por elo inician unha nova liña de formación: propor a lectura dun libro por trimestre e logo ter un faladoiro sobre o mesmo. Esta opción permite: Seguir lendo

Reclamamos, novamente, volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar

libros-de-texto

Fin de curso e debate sobre libros de texto é un clásico nos últimos anos, dende que a Xunta de Galicia rompeu o consenso existente en toda a comunidade educativa ao redor do modelo de préstamo universal e gratuíto.
A Confederación ANPAS GALEGAS, coma todos os anos, coma sempre, novamente reclamámoslle á Xunta de Galiza volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar:

 

Volvamos ao sistema de préstamo universal e gratuíto porque é máis eficaz e máis barato para os fondos públicos, porque pon en valor o Ensino Público Obrigatorio como unha realidade que a sociedade toda ten que defender e dentro da que todas e todos se educan en igualdade, porque reduce a burocracia dos colexios e da propia Xunta de Galicia; e, sobre todo, porque é o que queremos as familias, e toda a comunidade educativa, que deberamos ser para quen se fixeran as normas baixo as que convivimos. Seguir lendo